A Central Agropecuaria de Galicia Abanca de Silleda rexistrou onte dúas marcas
- ecosdacomarca

- 10 dic 2025
- 1 Min. de lectura
A primeira delas foi no volume de transaccións de becerros carniceiros e a segunda correspondeuse co maior prezo medio acadado na categoría de vacún maior
Ecos da Comarca/Silleda
A Central Agropecuaria de Galicia Abanca rexistrou este martes dúas marcas. A primeira delas foi no volume de transaccións de becerros carniceiros, que ascendeu a 423.569€, cantidade que se converte na máxima acadada por esta categoría neste mercado ao superar os 377.456€ facturados o pasado 17 de xuño. A segunda correspondeuse co maior prezo medio acadado na categoría de vacún maior, con 2.482,30€ (ata hoxe o máximo estaba nos 2.420,78€ do pasado 30 de setembro).

Publicidade
Por outra banda, o volume total de transaccións da sesión (suma das transaccións das tres categorías), ascendeu a 1.894.309€, converténdose na segunda facturación máis alta na historia da Central nunha sesión (a maior está en 1.952.514€, do pasado 17 de xuño).
Publicidade
COTIZACIÓNS MARTES 9 DECEMBRO 2025:








Comentarios