A Central Agropecuaria de Galicia ABANCA de Silleda acadou onte catro récords
- ecosdacomarca

- hace 7 minutos
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Silleda

A Central Agropecuaria de Galicia ABANCA de Silleda acadou onte catro récords. Tres deles correspóndense con transaccións, rexistrándose a maior facturación total dunha sesión na historia da Central, con 2.047.054€ (ata agora a máxima cifra estaba no 1.952.514€ do pasado 17 de xuño), ademais de máximos nas transaccións de becerros de recría, con 627.965€ (ata onte o récord estaba nos 620.323€ do pasado 1 de xullo) e nas de becerros carniceiros, con 518.504€ (o máximo ata agora era o da semana pasada, con 423.569€).
Publicidade
A cuarta marca acadouse na asistencia de becerros carniceiros, ao acudir 325 animais (o máximo ata agora estaba nos 306 do 17 de decembro do 2024)
Publicidade
Por outra banda, na sesión de onte acadouse a segunda maior asistencia na historia da Central, con 1.772 animais (a maior sitúase nos 1.895 animais do 17 de decembro de 2024).
COTIZACIÓNS MARTES 16 DECEMBRO 2025:








Comentarios