top of page

A Central Agropecuaria de Galicia ABANCA de Silleda acadou hoxe tres marcas absolutas


Ecos da Comarca/Silleda

A Central Agropecuaria de Galicia ABANCA acadou hoxe tres marcas absolutas.

O becerro carniceiro mellor pagado.
O becerro carniceiro mellor pagado.

Por unha banda, rexistrou o maior prezo pagado neste mercado por un becerro carniceiro. O animal, un macho mestizo con etiqueta Ternera Gallega Suprema nacido en decembro de 2024 e pertencente a unha explotación de Val do Dubra (A Coruña), foi adquirido por Ganados Ignacio, de Ordes (A Coruña) por 3.024€ (ata agora o récord estaba nos 2.762€ que acadou o pasado 29 de xullo un macho de raza Rubia de Aquitania).


 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Por outra banda, rexistráronse os maiores prezos medios das categorías de vacún maior, con 2.420,78€ (ata agora estaba nos 2.401,98€ do pasado 17 de xuño), e de becerros carniceiros, con 1.710,32 € (ata hoxe estaba nos 1.652,31€ do pasado 27 de maio).


PUBLICIDADE

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Unhas altas cotizacións en sintonía coa tendencia a nivel nacional e derivadas da escaseza destes animais e unha alta demanda.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page