top of page

A caída das malas influencias

Ecos da Comarca/Xeral

Esta semana non se fala de outra cousa nas redes sociais e nas noticias de todo o mundo. A caída dos grandes nomes do mundo influencer é o tema estrela e para ser totalmente sinceros isto non nos sorprende a case ninguén. Era algo que se vía vir dende hai moito tempo porque ese tipo de vidas de luxo desenfreado e ese estilo de vida tan artificial non teñen nada de normal.

O problema é que todo isto convértese en algo aceptado cando miles de seguidores permiten que un personaxe se lucre de forma descarada a costa de certas persoas que confían neles cegamente. Se tes quince anos se cadra ves todo como un soño e pensas que ese é o éxito ao que debes aspirar sen esforzo. Pero cando pasan os anos e ves que ti vas camiño dos vintecinco e a túa propia vida non mellora nin un chisco a cousa cambia moito. Dásche conta de que mentres os teus ídolos viven en vacacións constantes e subindo fotos en paraísos ti apenas tes cartos para permitirte unhas simples palomitas nunha tarde de cine.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

O principal problema vén a raíz de que chegamos a unha saturación comercial insoportable. Temos publicidade por todas partes e contido sen ningún tipo de valor real ou educativo. Existe unha desconexión total coa realidade da xente que os sostén nese punto de privilexio.


Por outro lado temos un problema social de fondo moi grave. Vivimos nun mundo no que case todo o mundo quere converterse en influencer e iso déixanos nunha situación de incerteza bastante perigosa. Se nos paramos a pensar un pouco de xeito serio quen nos vai atender nun hospital dentro duns anos se todos queremos ser famosos de internet.


Quen vai revisar o motor do noso coche ou simplemente vir a nosa casa a cambiarnos unha bombilla ou un enchufe cando faga falta. Pois a resposta é que case ninguén porque hoxe esta xente gaña cantidades inxentes de cartos por gravar sesenta segundos de vídeo. E claro nese contexto quen vai querer traballar oito horas nun taller ou nunha obra con esforzo físico.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Pero sinto dicirvos unha cousa que moitos non queren escoitar hoxe en día. Nun futuro non moi lonxano os que hoxe se consideran as grandes estrelas de internet van depender totalmente dun carpinteiro dun albanel ou dun fontaneiro. Profesionais especializados que van gañar o que eles xa non gañan porque os traballos físicos e técnicos van ter que seguir facéndose sempre.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Polo tanto mozo ou moza que nos estás escoitando hoxe o meu consello é que te formes ben e busques un camiño sólido porque o teu momento está a piques de chegar. As malas influencias teñen esa tendencia natural a acabarse e ao final acaban quedando no lugar que sempre tiveron que ter dende o principio.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page