top of page

A Casa de Galicia presenta un novo proxecto turístico no concello de Lalín

Ecos da Comarca/Lalín

A Casa de Galicia en Madrid acolleu onte o acto de presentación do proxecto Huttopia. Camiños de Galicia, unha iniciativa de turismo sostible. O encontro, celebrado na antesala da Feira Internacional de Turismo, FITUR 2026, serviu para poñer en valor a relevancia estratéxica do turismo para Galicia, un sector que representa máis do 10 % do produto interior bruto galego.

O director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, destacou que “FITUR é o gran escaparate dun sector clave para Galicia” e subliñou que a proposta turística galega “late con forza dende o máis fondo do seu corazón”.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Neste sentido, sinalou Lalín como espazo simbólico, “o quilómetro cero dunha comunidade autónoma que é un auténtico universo por descubrir”, onde conflúen natureza, patrimonio, gastronomía e espírito emprendedor.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

A filosofía do proxecto Huttopia está aliñada coa aposta da Xunta de Galicia por un modelo turístico responsable, vencellado ao territorio e ao respecto pola contorna, capaz de ofrecer experiencias auténticas en contacto coa natureza e cos valores culturais asociados aos Camiños de Santiago.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

O acto comezou cun minuto de silencio “como mostra de afecto e solidariedade coas vítimas e as familias afectadas polo accidente ferroviario na localidade de Adamuz”.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page