Os nacionalistas aproveitaron a cita para manter un encontro coa Plataforma contra os parques eólicos en Vila de Cruces e cos afectados das parroquias de Bodaño e Carbia
Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O BNG celebrou na Carixa, na parroquia cruceña de Merza, a Festa da Patria a nivel comarcal con intervencións públicas do portavoz municipal, Álex Fiuza, e Ana Miranda, que tomará posesión da súa acta como eurodeputada en setembro. Nas súas intervencións fixeron fincapé "na necesidade de dotarnos dun novo marco político que nos permita tomar as nosas propias decisión, ser donos dos nosos recursos enerxéticos, económicos e produtivos e poñelos ao servizo da nosa sociedade para vivir dignamente do noso traballo e na nosa terra. Para conseguir estes obxectivos é imprescindible que o BNG acade os mellores resultados nas eleccións municipais e a presidencia da Xunta de Galiza en 2024 con Ana Pontón como presidenta".
Durante o acto, Ana Miranda, mantivo un encontro con membros da Plataforma contra os parques eólicos en Vila de Cruces e con veciñ@s afectad@s das parroquias de Bodaño e Carbia. Así mesmo, comprometeuse a visitar a zona afectada e a presentar unha denuncia no parlamento europeo contra o espolio eólico.
Finalmente animaron aos asistentes a participar na manifestación do 25 de xullo en Santiago de Compostela
Comments