top of page

A Bonoloto reparte en Silleda 2 millóns de euros a un único acertante

Ecos da Comarca/Silleda

A administración onde o afortunado mercou o boleto. Fonte: Páxinas Galegas.
A administración onde o afortunado mercou o boleto. Fonte: Páxinas Galegas.

Algúen que mercou un boleto en Silleda, en concreto, na administración número 1 situada no número 55 da rúa Progreso, resultou agraciado con máis de dous millóns de euros no sorteo da La Bonoloto celebrado na noite de onte xoves, 26 de febreiro. Segundo informou Loterías y Apuestas del Estado, o boleto validado nesta localidade de Deza é un dos dous únicos acertantes de Primeira Categoría (seis acertos) rexistrados nesta convocatoria. O outro premio da mesma categoría corresponde a un boleto adquirido a través de Internet.


Cada un dos gañadores percibirá un premio superior aos dous millóns de euros, ao non terse rexistrado máis apostas coa combinación gañadora nesta categoría.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

O despacho receptor de Silleda converteuse así no punto de venda da sorte nesta xornada, deixando un dos premios máis destacados da semana na comarca. A identidade da persoa premiada non transcendeu, como é habitual nestes casos.


O sorteo da Bonoloto celébrase de luns a domingo e reparte premios en diferentes categorías en función do número de acertos.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!
Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!

A combinación gañadora estivo formada polos números 26, 11, 19, 41, 23 e 4, co complementario 35 e reintegro 2. A recadación total do sorteo ascendeu a 3.166.701 euros.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page