top of page

A barcaza de Portodemouros estará fóra de servizo do 1 ao 31 de outubro

Ecos da Comarca/Xeral

Naturgy interromperá o servizo de transbordo da barcaza do encoro de Portodemouros entre os días 1 de outubro (desde as 9:00 horas) e 31 de outubro (ata as 20:00 horas), para cumprir o requirimento legal que esixe a inspección e o mantemento periódico deste transporte, tal e como informa a empresa.

A Barcaza de Portodemouros. Autor: Ecos da Comarca.
A Barcaza de Portodemouros. Autor: Ecos da Comarca.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

"As actuacións de mantemento e inspección, que se realizan cada tres anos, redundarán nunha maior e mellor garantía do servizo aos usuarios, e serán levadas a cabo coa máxima dilixencia para minimizar o tempo de interrupción. Mentres duren estes traballos, os desvíos de circulación estarán debidamente sinalizados mediante a colocación de carteis indicadores do itinerario alternativo", sinala.


PUBLICIDADE

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Naturgy lamenta as molestias que se poidan ocasionar durante os días de interrupción do servizo.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page