A atleta de Dozón Tamara García queda subcampioa absoluta na carreira de Meaño
Ecos da Comarca/Dozón
Os deportistas do CD Biosbardo seguen sumando bos resultados, como os acadados durante esta fin de semana. A atleta de Dozón Tamara García quedou subcampioa absoluta na carreira de Meaño.

CARREIRA DE MEAÑO: TAMARA GARCÍA – SUBCAMPIOA ABSOLUTA
"Impresionante o retorno de Tamara despois duns meses ausentes por unha intervención meniscal. Con poucas semanas de preparación retorna pouco a pouco á competición e faino do mellor xeito posible, loitando polos postos altos", salienta o club.
Sinala que os 6.5 km de trazado contaban con corredores do maior nivel de Galicia, como David De la Fuente e Eva Piñel, precisamente a corredora do Delikia foi a que se levou a vitoria por diante de Tamara García. "A nosa atleta, natural de Dozón, chegaba a Meaño como parte da súa preparación e reaparición no marco competitivo, sen maior aspiración que facer a mellor carreira posible. Mais as sensacións foron boas desde un inicio e o traballo de fortalecemento das semanas previas xa se comeza a notar, permitíndolle aumentar ritmo comodamente e correndo por debaixo de 4’ o km sen dificultade. Unha prata que para nós sabe a ouro", recalca.
PUBLICIDADE
TRAIL COSTA ÁRTABRA: SERGIO GARCÍA – BRONCE ABSOLUTO
Por outra banda, e despois dun pequeno parón estival, tamén voltou á competición Sergio García, nunha carreira con 27 km e 1500 metros de ascenso (e outros tantos de descenso). Un percorrido sinuoso nos montes de Narón donde se lle escapou loitar pola vitoria nos últimos km.
PUBLICIDADE
"Dous podios absolutos de dous corredores que voltan á competición, sen dúbida nos agarda un final de tempada emocionante de cara ós seguintes obxectivos do club", salienta o ente deportivo.









Comentarios