A atleta de Dozón Tamara García, campioa absoluta e o cruceño Emilio Montilla fíxose cunha prata
- ecosdacomarca

- 1 abr
- 3 min de lectura
García viaxará a Oviedo tras ser clasificada para defender as cores galegas coa Selección Galega no Campionato de España deste mes de abril
Ecos da Comarcca/Deza
Esta pasada fin de semana deportistas do Club Deportivo Biosbardo estiveron en Muros, posto que a localidade coruñesa foi o epicentro do trail galego por ser a primeira cita da “Serie Ouro” da FGA e tamén a última proba puntuable para a Selección Galega. Ser serie Ouro multiplica x5 os puntos individuais e tamén puntúa para a clasificación de Clubs do Ranking Galego. E a veciña de Dozón Tamara García quedou campioa absoluta e o cruceño Emilio Montilla fíxose coa prata na categoría Master.
SÁBADO 28 – VERTICAL
A modalidade vertical, desputada no “Serres Uphill” daba o pistoletazo de saída das probas absolutas, un percorrido intenso de 3,1 km con 450 metros de ascenso constante, tal e como sinalao club.

ALBA REY – CAMPIOA ABSOLUTA
TAMARA GARCÍA – SUBCAMPIOA ABSOLUTA
"Non deron respiro, liderando Alba de inicio ata o final, cun ritmo constante e mantendo posicións ata a última “pala” que coronaba o ascenso, unha vitoria incontestable. Pola súa banda Tamara García voltaba á competición comezando con algo de reservas pero imprimindo ‘unha marcha máis’ no último segmento para proclamarse subcampioa absoluta".
DOMINGO 29 – TRAILS
ALBA REY – CAMPIOA ABSOLUTA 15K
Doblete para Alba, que na segunda xornada de competición xogou coa estratexia, mantendo un inicio de carreira ‘cómodo’ para dar o golpe e despegarse das súas rivais cun cambio de ritmo xeneroso nos últimos 6 km de carreira.
PUBLICIDADE

TRAIL LONGO 26K – RANKING F.G.A.
MARÍA FREY – CAMPIOA ABSOLUTA
CAMPIÓNS POR EQUIPOS
Terceira proba consecutiva con vitoria Absoluta para María Frey. Dominando desde o inicio da proba e co paso dos quilómetros distanciándose máis e máis das súas perseguidoras, baixando das 3 horas nun percorrido de 26km con 1600 metros de desnivel positivo e con case 10 minutos de diferencia respecto da segunda clasificada.
Tamén a burelá Carla Trillo chegaba preto, facéndose coa 4ª praza absoluta e proclamándose campioa da categoría Master. Seguida de preto, chegaría Charo Figueroa, que se fixo coa 2ª praza de categoría. Tamén unha gran carreira para a ribeirá Teresa Dieste, que se faría co bronce Master 2. Na competición masculina o cruceño Emilio Montilla fíxose coa prata na categoría Master.
O equipo do CD Biosbardo proclamouse campión absoluto por equipos no Trail Cova da
Bruxa computando os 4 mellores tempos (mínimo 1 persoa/xénero), obtidos por Sergio
García, Emilio Montilla, Jonathan Pérez e María Frey.
Publicidade
RANKING GALEGO DE CLUBS
Pola súa banda no Ranking Galego de clubs, oficial da Federación Galega de Atletismo o conxunto Feminino colócase líder indiscutible amosando unha vez máis o nivel deportivo das nosas rapazas. Na parte masculina o equipo colócase na 4ª praza, a poucos puntos do podio.
SELECCIÓN GALEGA
Sendo esta a última proba puntuable para conformar a selección galega, o responsable técnico da FGA, Iván Sangiao, desvelou o propio domingo na concentración realizada en Muros, as persoas clasificadas que viaxarán a Oviedo defendendo as cores galegas os vindeiros 11 e 12 de abril para o Campionato de España por Seleccións: Tamara García (Dozón) e Carla Trillo (Burela) son unha vez máis as deportistas seleccionadas do CD Biosbardo.







Comentarios