top of page

A Asociación Troiteiros Río Furelos expresa a súa gratitude por recibir o premio Trueiro deste ano

"Os nosos pais entregáronos o Furelos, o río, cheo de vida e nós estamos obrigados a entregarllo cheo, cheo, de vida aos nosos fillos, fillas, netos e netas”, recalca o colectivo


Ecos da Comarca/Melide

O pasado día 15 na casa de Cultura do Concello de Arzúa realizouse a XII Gala dos Premios Trueiro. Este ano as persoas e entidades ás que se lles recoñeceu o seu compromiso coa defensa do medio ambiente e coa saúde dos ríos foron:

  •  Premio Línea Tensa: Roberto Varela

  •  Premio A Nosa : Sandra Barco Bravo

  •  Premio Que Pasa: Anove Tv

  •  Premio Onde hai que estar : Plataforma Ulloa Viva

  •  Premio Graciñas: José Luis Bruna

  •  Premio Trueiro: Xabier Pazo Blanco, presidente da Asociación Troiteiros Río Furelos.


 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

No evento a Asociación de Troiteiros, tal e como informa o propio colectivo melidense, estivo representada por Suso Pampín, Xurxo Broz, Manuel Enrique Pardo, Fernando Torreiro e Xosé Manuel Pazo e en representación de socios da zona de Ferrolterra, Anxo Ansede Estraviz.


Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

"No desenvolvemento do acto a emoción sobordou o salón e rachou cos aplausos no momento de entrega do agasallo (o icono polo que é recoñecido internacionalmente o concello de Arzúa, a queixeira) ao noso presidente. Expresarlles a nosa gratitude á revista Trueiro por teren tido en conta o traballo levado a cabo pola asociación na persoa de Xabier Pazo e ao alcalde de Arzúa polas súas palabras no momento de entrega do presente. Parabenizar a Miguel Piñeiro, Alberto Torres, Fernando Cobo e Xaquín García

pola excelente organización do evento. Finalmente, facemos nosas as palabras de Xabier e apelamos a todos os veciños e veciñas e ás institucións con responsabilidades no tema a que as asuman e pasen a ser unha práctica no día a día das nosas vidas. Os nosos pais entregáronos o Furelos, o río, cheo de vida e nós estamos obrigados a entregarllo cheo, cheo, de vida aos nosos fillos, fillas, netos e netas”, recalca a asociación de Troiteiros Río Furelos.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page