top of page

A Asociación Gandeiras e Gandeiros Galegos solicita explicacións á Xunta tras a disolución de Impulsa

Ecos da Comarca/Deza

"Tras o sucedido coa disolución do Proxecto IMPULSA, o cal foi presentado por Alfonso Rueda cun presuposto de 5 millóns de euros, como un éxito de xestión", a Asociación Gandeiras e Gandeiros reclama "unha comparecencia inmediata para amosar o sucedido, xa que a Xunta de Galicia ten un 40% de participación e ten que amosar moita información que aclare esta nube negra que se cerne sobre esta disolución tan inminente, que non seu día foi unha aposta de primer nivel, como foi o plan impulsa, contando con actores do calado de ABANCA, SOGAMA NATURGY, GADIS, REGANOSA, SONATRCH".



Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

"Un proxecto o cal foi presentado a sociedade como proxecto estrela, e que dende Gandeiras e Gandeiros Galegos, levamos dicindo que era un fraude, e un erro de caldo que causaría perdida e abandono no medio rural, o cal alentaba outro fraude como as plantas de biogás, como a instalación da planta de celulosa Altri en Palas de Rei a cal vai en consonancia e deixa en evidencia o goberno de Alfonso Rueda o cal se viu nas múltiples manifestacións as que acudimos dende Gandeiras e Gandeiros", recalca o colectivo.

ree

Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Dende a dirección da mesma subliñan que "causamos a oposición directa o modelo de xestión que se leva acabo dende fai anos por parte da Consellería de Medio Rural e en consonancia coa conselleira de Medioambiente a cal está a causar unha perda de familias no sector gandeiro sen precedentes nos rexistros de explotacións gandeiras, que só facilitan o abandono do rural e coa última declaración de zonas vulnerables e o traballo todo sen facer de estudos como así se aprecia de José Balseiros, polo que solicitamos xa en varias ocasións ,a inminente substitución de José Balseiros Guinarte e Ánxeles Vázquez, por ser os máximos responsables de tal problema".

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page