top of page

A Asociación Feiral Semana Verde de Silleda aproba un orzamento de 51.000 euros para o exercicio 2025

2 jul 2025
1 min de lectura

O colectivo celebrou unha xornada de convivencia aproveitando a súa asemblea xeral


Ecos da Comarca/Silleda

A Asociación Feiral Semana Verde de Silleda celebrou na tarde do luns a súa asemblea xeral anual, na que os socios e socias aprobaron un orzamento de 51.000 euros para o presente exercicio. Asemade, quedaron ratificadas as contas de 2024 con superávit. A reunión celebrouse nas instalacións do Museo do Campo e da Mecanización, trala visita ao

mesmo que a entidade organizou para o público xeral.

Un grupo de persoas, procedentes do municipio de Silleda e doutros limítrofes, participou

nunha visita guiada ao museo programada pola Asociación Feiral que preside José Luis

Rodríguez, actividade gratuíta e aberta á asistencia pública. Tralo percorrido, que durou

arredor de unha hora e media, a Asociación celebrou a súa asemblea xeral ordinaria, na que, ademais de aprobar os orzamentos para 2025, deu conta do informe de xestión do exercicio anterior.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O colectivo valorou moi positivamente a posta en marcha da primeira edición do concurso

sobre as feiras tradicionais galegas, que se fallou o mes pasado e que volverá convocarse no próximo curso. A renovación do contrato da súa queixería, a participación no salón Salimat, o mantemento da tenda con descontos para socios e a edición do seu boletín Cultura Rural son outras das iniciativas que a Asociación segue mantendo con moi bos resultados.

Publicidade

Ao remate da asemblea, socios e non socios puideron desfrutar duns petiscos ofrecidos pola Asociación, con produtos delicatesen e de proximidade que poden mercarse na súa tenda, que en horario de verán está aberta de 9:00 a 14:30 horas.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page