A Asociación dos GES de Galicia esixe unhas condicións laborais dignas
- ecosdacomarca

- 27 ago 2025
- 2 min de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
A Asociación de Grupos de Emerxencia Supramunicipais de Galicia esixe unhas condicións laborarias dignas para os traballadores e traballadoras deste servizo destacando que os GES son o único servizo de Galicia competente na intervención dos incendios forestais e urbáns no rural galego, e non só nas súas zonas de cobertura ordinaria, senón con mobilidade en toda a comunidade autónoma.

COMUNICADO ÍNTEGRO
"Os GES son o único servizo de Galicia competente na intervención dos incendios forestais e urbáns no rural galego, e non só nas súas zonas de cobertura ordinaria, senón con mobilidade en toda a comunidade autónoma. Foron creados no 2013 e hoxe en día continúan funcionando gracias a un convenio de financiamento entre a Xunta, Deputacións e Concellos.
Dende o seu inicio, as distintas administracións rexeitaron recoñecer a este persoal como bombeiros, a pesares das funcións que lles encomendan. Iso implica que o persoal é maltratado con falta de EPIs e equipos de traballo, procedementos de traballo, plans de prevención de riscos, categoría e remuneración profesional (ata o punto de nóminas que apenas chegan ó SM), coeficiente de redución de idade de xubilación, recoñecemento de enfermidade profesionais... E un largo etc.
A todo isto, hai que sumar a precariedade do persoal, que a pesares de demostrar a súa relación laboral fixa coa Administración nos xulgados, nalgúns casos viron desaparecer o seu servizo por vontade políticas, deixando zonas rurais sen atención (A Fonsagrada, Becerreá, Valga, Guitiriz, Cervo) e desperdiciando medios materiais que custaron inversións faraónicas e persoal formado e con experiencia en emerxencias, en tarefas municipais como a limpeza ou baldeo de rúas, facendo un uso máis que cuestionable da agua e dos vehículos de extincións que pagamos todos para a loita contraincendios.
Estes días vemos o presidente da comunidade pidindo persoal e motobombas ao goberno estatal. Cantas destas motobombas tan necesarias están a usarse por peóns dos Concellos como material de limpeza? Cantas están pudríndose en almacéns ou garaxes dos Concellos, sen persoal para o seu uso acordado? Onde está a protección dos servizos e persoal destes grupos de emerxencias, grupos supostamente permanentes, que cando demandan os seus dereitos son despedidos ou reubicados polos alcaldes de turno?
Publicidade
Estes días a ministra de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico, Sara Aagesen, dicía que "non debería haber bombeiros de primeira e de segunda", e instaba a que "as comunidades autónomas melloraran as condicións do seu persoal de extinción".
Na mesma liña, se manifestaba a vicepresidenta segunda e ministra de Traballo, Yolanda Díaz, porque "non se pode protexer sen condicións laborais dignas. Para protexer ao noso medio ambiente e a nosa seguridade é necesario protexer os dereitos laborais".
Publicidade
A cidadanía debe saber os desmáns que as administracións de Galicia están a realizar con estes traballadores e traballadoras e estes servizos e esixir o seu dereito a ter uns servizos profesionais dignos.
Preguntámonos: Que máis ten que suceder? Cando vai ser o momento?".
A Asociación de Grupos de Emerxencia Supramunicipais de Galicia








Comentarios