A Asociación de Empresarios e Comerciantes de Silleda lanza a súa campaña do Día do Pai
Será do 9 ao 19 de marzo e entregará vales ECOS de 50 euros
Ecos da Comarca/Silleda

A Asociación de Empresarios e Comerciantes de Silleda (ECOS) pon en marcha desde este luns día 9 de marzo ata o día 19 de marzo unha nova campaña comercial para incentivar as compras relativas ao Día do Pai.
Publicidade
Nesta campaña repartiranse unhas tarxetas cas compras e o cliente ten que conseguir catro selos de distintos comercios asociados para poder entrar no sorteo que se celebrará o día 23 de marzo en directo por Instagram.
PUBLICIDADE
Os premios están compostos por vales ECOS de 50 euros xunto cunha cesta de produtos pensados para o pai, e comprados no comercio local.









Comentarios