A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Silleda contempla a súa disolución
- ecosdacomarca

- 3 oct 2025
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Silleda
Este mércores 1 de outubro tivo lugar a Asamblea Ordinaria da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Silleda ( ECOS ) na Casa da Xuventude de Silleda, ante 14 socios presentes de entre cerca de 70 membros cos que conta o colectivo. Durante a asamblea presentouse, como todos os anos, o estado de contas e a actual directiva expresou a súa vontade de cese de actividade ao frente a mesma.

PUBLICIDADE

Tras expoñer o impacto positivo que todas as campañas teñen no comercio local (actualmente organizanse ao ano unhas 6 campañas propias da asociación e xestionanse varias con recursos da Federación de Asociacións de Comerciantes de Galicia) quedou clara a necesidade de continuidade da mesma, tendo ademais en conta a longa traxectoria da asociación.
PUBLICIDADE
Ser ter conseguido durante a asamblea un grupo que asuma o cargo para formar unha nova directiva acordouse agardar 15 días, coa esperanza de que os socios e socias consigan un equipo que poida dar continuidade a asociación e seguir coa actividade de promoción do pequeno comercio local que ECOS ten como labor principal a través de campañas , cursos, talleres, información de axudas, formación, etc. De non chegar a un acordo neste plazo procederase a disolución da mesma.







Comentarios