top of page
Perruquería Marisa.gif

A Asociación de Empresarios e Comerciantes de Arzúa celebra os Días Brancos con descontos e sorteos

A iniciativa arrancou o mércores e rematará mañá, venres día 10


Laura Moure/Arzúa

Aproxímase o período estival, e a Asociación de Empresarios e Comerciantes de Arzúa (AECA) celebra os Días brancos cunhas xornadas comerciais extraordinarias, para animar as ventas da tempada de verán. Esta iniciativa arrancou este mércores e durará ata mañá, venres día 10. Forman parte desta campaña 27 tendas participantes do Arzúa CCA, que ofrecerán diferentes promocións, ofertas especiais, vales desconto, sorteos, degustacións, e máis sorpresas.

O venres 10 de xuño, na Praza de Galicia a partires das 17 horas, os clientes poderán presentar tíckets de compra dos Días brancos por importe superior a 20 euros no stand da organización da AECA, e recibirán un premio seguro. (* Entrega de agasallos promocionais só para as 50 primeiras compras rexistradas, por importe superior a 20 euros e efectuadas durante esta promoción nas tendas participantes).


Por cada tícket presentado ademais, recibirán unha participación para o sorteo dunha escapada ás Rías Baixas, cunha estancia no Hotel Talaso Atlántico*** puidendo desfrutar dunha habitación doble con vistas ao mar e de circuíto marino.


Tamén haberá un sorteo da escapada a Baiona que non será presencial na praza da vila; para que todas as mercas rexistradas teñan a súa oportunidade será o día 14 de xuño en directo a través de Radio Arzúa.

Por outro lado, na tarde do venres tamén haberá actividades na praza destinadas ao desfrute e entretemento dos más cativos; aquelas familias que merquen durante os días brancos poderan participar en diferentes talleres infantís. No stand da AECA ao presentar os tíckets de merca faráselles entrega ás familias dunhas pulseiras distintivas para os nenos, coas que poderán participar nos obradoiros que serán impartidos por Biosbardos Animación.


As 27 tendas participantes contarán como elementos distintivos a moqueta vermella da AECA e uns globos brancos expostos no exterior do local. Os participantes son:

  • ALCA JOYEROS

  • APP INFORMÁTICA

  • ARROUPADIÑOS

  • BOUTIQUE ANDURIÑA

  • CALZADOS IGLESIAS

  • CAROLA MODA

  • CEMPÉS

  • CHORIMA PERFUMERÍA

  • CLÍNICA ARSOVET

  • COCIÑAS PEDREIRA

  • COMERCIAL ALFONSO SOUTO

  • EUROMUEBLE DECORACIÓN

  • ESTRENAS ZAPATERÍA

  • EUROPA ASIA

  • FROITERĮA GRAÍÑAS

  • FRUTAS ARZÚA

  • LAGE MODA

  • MÍA MARÍA

  • MODA SARI

  • MI TATA

  • MD LENCERÌA E FOGAR

  • MISS ZAPATOS

  • NOVAVISIÓN ÓPTICA

  • ÓPTICA ABAL

  • OS PICARIÑOS

  • SPORT MODA

  • VADI MODA

Os interesados poden obter máis información no seguinte enlace:

https://www.aecomarcadearzua.com/dias-brancos-do-comercio-en-arzua-con-sorteos-vales-desconto-obradoiros-infantis-e-moitas-sorpresas/?fbclid=IwAR3HxDegr_vejwWz1HOpLbEFCpU5_2Qj46XH8_wzbeUWSLtqxhd7a6wwBUE


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page