top of page

Buscan un home natural de Rodeiro desaparecido durante a Feira de Santos de Monterroso

hace 36 minutos
1 min de lectura

Ecos da Comarca/Deza/A Ulloa

Un home desapareceu este domingo, 1 de novembro, durante a celebración da tradicional Feira de Santos de Monterroso, unha das citas máis concorridas do calendario feiral galego. Trátase de Pablo Domingo Hermida Sa de 80 anos, natural de Rodeiro, pero que actualmente reside na Coruña.

Pablo Domingo Hermida, o veciño que está desaparecido.
Pablo Domingo Hermida, o veciño que está desaparecido.

No momento da súa desaparición vestía un polo de cor azul marino cunha camisa de cuadros e pantalóns de tela azul marino. Mide 1,65 metros, ten bigote e pelo canoso e é de complexión forte e sofre de coxeira.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Foi a súa irmá quen interpuxo denuncia onte, sobre as 23:00 horas, no cuartel da Garda Civil de Palas de Rei. A irmá relatou que chegaron xuntos á Feira de Santos sobre 11:30 horas e que o irmao foi aparcar o coche, mentres ela xa quedaba facendo recados, e que foi a última vez que o víu.


Sobre as 12:20 horas chamouno varias veces, pero xa non respondeu. Agora descoñécese o paradoiro de Pablo Domingo e do seu vehículo, un Dacia Sandero de cor branco metalizado e con matrícula 8914 JSH.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Tras dar o aviso á Garda Civil sobre as 18:30 horas, inicouse un dispositivo de busca que se está centrando na comarca da Ulloa e ampliouse a Rodeiro e A Coruña.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page