top of page

A Deputación mellorará o firme e a seguridade na DP-0605 ao seu paso polos concellos do Pino e Touro

hace 19 horas
1 min de lectura

O proxecto conta cun orzamento superior aos 410.000 euros e un prazo de execución de tres meses para actuar ao longo de máis de catro quilómetros do vial


Laura Moure/O Pino/Touro

O pleno da Deputación da Coruña deu o venres, na súa sesión ordinaria do mes de outubro, luz verde ao proxecto técnico para o reforzo do firme e a mellora superficial da estrada provincial DP-0605, no tramo comprendido entre os puntos quilométricos 0+000 e 4+670, discorrendo polos termos municipais do Pino e Touro. Esta actuación inscríbese dentro do Plan de vías provinciais.

Os traballos abranguen o saneamento puntual das zonas degradadas da capa superficial nunha área aproximada de 187 metros cadrados, seguido do estendido e compactado dunha nova capa de rodadura de mestura asfáltica en quente de cinco centímetros de espesor. Do mesmo xeito, a intervención inclúe o renovado completo da sinalización horizontal, ademais da actualización da sinalización vertical ao longo de todo o tramo para mellorar o balizamento e a seguridade dos e das condutoras.


 PUBLICIDADE

A obra conta cun orzamento base de licitación de 410.304,16 euros e o prazo previsto para a súa execución total é de tres meses a partir da sinatura do acta de comprobación do replanteo.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Durante o desenvolvemento dos traballos e para minimizar o impacto na circulación de vehículos, a execución farase de xeito alternativo polas marxes para manter operativo en todo o momento un dos carrís de tránsito.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page