top of page

A arte das alfombras florais do Corpus Christi

Onte conmemorouse esta festividade en distintos rincóns das comarcas


Laura Moure/Xeral

Moitas localidades celebraron onte, domingo, o Corpus Christi (Corpo de Cristo), unha festa da igrexa católica destinada a venerar a Eucaristía. Nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e a Ulloa, nos distintos pobos e aldeas, tamén se conmemorou con misas e procesións, pero ademais, en vilas como por exemplo, en Melide e Lalín, luciron fermosas alfombras florais. Estas son unha fermosa arte que non deixa indiferente a ninguén.

As alfombras florais na Praza do Covento de Melide. Autora: Cristina Moure.

No caso de Melide, a Praza do Convento, encheuse de cor, como xa é tradición por esta data. Estas alfombras representan distintas escenas e detrás delas está a implicación de moita xente que fan unha gran labor para o desfrute de todo o pobo e visitantes. Son moitos os que inmortalizan estas estampas coas súas cámaras e teléfonos, porque a verdade merece moito a pena velas.

En concreto, o Corpus Christi conmemora a creencia católica da presenza real de Xesucristo no pan e viño consagrados durante a Santa Misa.

Durante a cerimonia, realizanse unha procesión na que se leva o Santísimo Sacamento, xeralmente en custodia, nunha procesión polas rúas, como aconteceu en Lalín e Melide.

A procesión, onte, en Melide. Autora: Cris Mouriño.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page