top of page

84 persoas participarán o sábado na ruta do Goza do Ulla que discorre por Cruces e Touro

hace 9 horas
1 min de lectura

Ecos da Comarca/Vila de Cruces/Touro

O programa de sendeirismo Goza do Ulla chega este sábado, 12 de setembro, a Vila de Cruces e Touro coa ruta “As dúas beiras do Ulla”, onde os dous concellos se unen para

camiñar xuntos e gozar das dúas beiras do río.

Participarán na actividade 84 persoas que realizarán unha ruta circular de 10 km, de media intensidade, que discorre polos concellos veciños de Vila de Cruces e Touro.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Esta ruta de sendeirismo fluvial permite coñecer a riqueza natural da contorna, a través de paisaxes de especial beleza e espazos de elevado valor ambiental, entre os que destaca a Fervenza de Rosende.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Será unha experiencia de contacto directo coa natureza e co entorno fluvial do río Ulla. O punto de encontro será Ponte Basebe e a saída está prevista para as 10 horas da mañá. Recoméndase o uso de bastóns de sendeirismo. Haberá avituallamento ao remate da ruta.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page