top of page

60 persoas participaron no Goza do Ulla por Vila de Cruces

Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O Concello de Vila de Cruces organizou este pasado sábado, 14 de setembro, un roteiro polos sendeiros de Portodemouros no que participaron 60 persoas, no marco do programa

‘Goza do Ulla’.

A ruta, de carácter fluvial, é de tipo lineal e dificultade baixa, cunha lonxitude de 12 quilómetros. A camiñata transcorreu polas parroquias de Arnego e Loño, para acabar

na presa de Portodemouros, concretamente na Ponte de San Xusto. Os camiños polos

que discorre o sendeiro pertencen a unha zona de interior rural que viu alterada a súa

fisionomía pola construción do embalse, o que permitiu aos sendeiristas gozar dunha

paisaxe singular e de gran beleza.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Os participantes tamén viron en acción un orixinal ferry, o único de augas continentais

de Galicia, que permite o traslado entre os concellos de Vila de Cruces e Santiso,

achegando as provincias de Pontevedra e A Coruña. ‘Goza do Ulla’ é unha iniciativa

dos 20 concellos bañados polo Ulla, na que se organizan roteiros.

Komentari


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page