top of page

54 persoas participaron no Goza do Ulla organizado polos Concellos de Vila de Cruces e Touro

Ecos da Comarca/Cruces/Touro

Os Concellos de Vila de Cruces e Touro organizaron este pasado sábado, 13 de setembro, o roteiro “As dúas beiras do Ulla”, actividade enmarcada no programa ‘Goza do Ulla 2025’ na que participaron 54 persoas chegadas, ademais desde os municipios organizadores, doutros puntos como Vigo, A Coruña, Brión ou Ames.

A ruta de sendeirismo foi de carácter fluvial, tipo lineal e de dificultade media. Os participantes percorreron durante cinco horas a senda polas dúas marxes do río Ulla

nos concellos de Cruces e Touro. Ao longo do leito do Ulla, os participantes, acompañados en todo momento polos monitores da ruta, mergulláronse en bosques

ribeiregos e gozaron da riqueza paisaxística que xorde ao redor da auga. A ruta ofreceulles fermosas paisaxes naturais como o Sobreiral do Ulla, un conxunto de

sobreiras de 400 metros de lonxitude en Touro. Finalmente, desfrutaron do avituallamento na fermosa illa da área recreativa de Remesquide.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O programa ‘Goza do Ulla’ naceu en 2011 para desfrutar do Ulla con rutas de sendeirismo programadas nos municipios bañados polo río, que percorre as provincias de Lugo, A Coruña e Pontevedra.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page