5 usuarios de AMARAI realizan prácticas prelaborais en empresas das comarcas de Arzúa e Terra de Melide
- ecosdacomarca
- hace 5 horas
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/C.Arzúa/T.de Melide
Cinco usuarios da Asociación Amarain(Asociación de Persoas con Discapacidade e Apoio á Integración das Comarcas de Arzúa e Terra de Melide), comezan as prácticas prelaborais en empresas dos concellos de Arzúa e Melide.

As prácticas prelaborais achegan a estas persoas a un posto de traballo e a unha situación laboral completamente real, supoñendo, así, a adquisición de responsabilidades e habilidades sociais que iso conleva.
Publicidade
Vanesa, Juan Carlos, Miguel, Ana e Iván estarán 3 meses desenvolvendo un posto de traballo adecuado ás súas capacidades, necesidades e preferencias, nas empresas Ferretería Grupo Noguerol, Carpintería Adrián Corral, Casa Grande de Xanceda, Estrenas Zapatería e Tenda 24/7, respectivamente.
Publicidade
Dende Amarai, agradecen a predisposición das empresas por apostar pola igualdade de oportunidades que se merecen as persoas con diversidade funcional.