top of page

388 incidencias contabilizadas no 112 Galicia relacionadas coa meteoroloxía adversa

Ecos da Comarca/Xeral

Ata as 19:00 horas, o 112 Galicia leva rexistradas un total de 388 incidencias relacionadas coa situación meteorolóxica actual, e que afecta á comunidade desde primeiras horas da mañá de hoxe.

O Concello de Cruces sinala que debido ao temporal estanse a producir caídas de árbores e outros obstáculos nas estradas.
O Concello de Cruces sinala que debido ao temporal estanse a producir caídas de árbores e outros obstáculos nas estradas.

A maioría das intervencións tiveron que ver coa caída de árbores e pólas nas estradas (82), inundacións en estradas (35), inundacións en vivendas (8), prevención de risco (46), bolsas de auga (12) e incidentes relacionados con terra e pedras nas estradas (21) e cables tirados (15) entre outras.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Por provincias: Pontevedra (174), A Coruña (132), Ourense (42) e Lugo (40). Entre os concellos con máis intervencións, destacamos o de Vigo (31), Pontevedra (14), A Estrada (9), Santiago con (21), Outes (6) e Foz con (3) incidentes.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Incidencias

Rescatado un home en Portas

A Garda Civil e efectivos de Protección Civil rescataron esta tarde-noite a un home do interior do vehículo que conducía tras ser sorprendido pola auga cando atravesaba un camiño, en Briallos, onde o albergue, no concello pontevedrés de Portas. O home foi rescatado en bo estado.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

O 112 Galicia foi informado do suceso polos efectivos de Protección Civil de Cuntis, ás 20:20 horas desta noite.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page