top of page

30 anos honrando ao Galo de Vila de Cruces

Este Concello celebrou esta fin de semana a festa na honra ao seu prato estrela


Laura Moure/Vila de Cruces

Vila de Cruces aínda está de resaca festiva tras a celebración esta fin de semana da que foi xa a súa 30 edición da Festa Gastronómica do Galo de Curral. O prato estrela desta localidade foi degustado nos restaurantes e casas, pero ademais foi honrado con distintas actividades pensadas para todos os públicos.

O sábado arrancaba co seu tradicional Festival de Bandas de Musica de Galicia. Durante a cita, o alcalde, Luis Taboada, fixo entrega do premio ao cartel gañador, que se usou de imaxe para anunciar este festival. A gañadora foi Leire Louzao Facorro. Actuaron a Banda de Música Unión Musical de Ponteledesma, a Banda de Música Cultural de Salceda de Caselas e a Banda de Música Artística de Merza.


Publicidade

O domingo amencía con máis ganas de troula e celebrouse o día grande deste festexo. A música polas rúas marcaba o ambiente festivo, que neste caso correu a cargo do Arco de Merza e Vai-Nela de Salgueiros. Os amantes do motor, tamén puideron desfrutar dunha exposición de coches antigos a cargo da Escudería Históricos do Deza. De seguido, a música volveu a ser a protagonista con Odaiko.


E chegou un dos momentos máis agardados. O pregón do gran humorista Víctor Fábregas. "Un pregón cheo de emoción e risas grazas ao incrible Víctor Fábregas", sinalou o Concello cruceño.


(Se non o puideches ver deixamos por aquí o vídeo publicado polo Concello).


Publicidade

A música continou despois con la Edad de Oro del Pop Español, formación composta por Pablo Perea (La Trampa), Naím Thomas (primeira edición de OT), Javián (primeira edición de OT) e Patricia Aguilar (finalista en ‘Tu cara no me suena todavía’) que interpretaron as cancións máis relevantes dos 80 e os 90 facendo que a xente remomeraba momentos desta época. E o broche final, pola tarde, púxoa a orquestra Os Satélites.



0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page