200 quilos de lixo recollidos no primeiro día das XXI Xornadas de Limpeza Río Furelos
- ecosdacomarca
- hace 5 minutos
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Melide

Este pasado sábado, 30 de agosto, celebrouse o primeiro dos encontros das XXI Xornadas de Limpeza Río Furelos, organizadas pola Asociación de Troiteiros Río Furelos de Melide. Tal e como informa o colectivo, o sábado recolléronse 200 quilos de lixo.
APOIO AO XORNALISMO PALESTINO
"Recollemos 200 quilos de lixo, en concreto, de plásticos, arames, cordeis, latas e unha roda de camión e outra de coche", especifica o colectivo.
Publicidade
O 6 e o 13 de setembro levaranse a cabo as seguintes limpezas. Os interesados poden participar nesta iniciativa:

Comentarios