top of page

20 persoas participan no obradoiro de emprego de Sobrado, Curtis e Vilasantar

Son desempregados que se forman en actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería e en actividades auxiliares en conservación e mellora de montes


Ecos da Comarca/Sobrado dos Monxes

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado polos alcaldes de Curtis, Sobrado dos Monxes e Vilasantar visitou o obradoiro de emprego no que se están a formar a 20 desempregados en actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería e en actividades auxiliares en conservación e mellora de montes.

O representante do Goberno autonómico animou aos alumnos a aproveitar ao máximo a formación e lembrou que estes talleres teóricos e prácticos roldan o 60 % de integración laboral.

Na visita lembrou que a Xunta está a financiar, na convocatoria 2022-2023, nove obradoiros de emprego nos concellos de Cambre, Arteixo, Oza-Cesuras, Betanzos, Miño, Curtis, Abegondo e Culleredo, grazas a un investimento que supera o 4,5 millóns de euros para formar a 180 desempregados na área da Coruña

0 comentarios

コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page