top of page

19 concellos participan no Goza do Ulla que este ano inclúe 17 rutas de senderismo ao redor deste río

O programa foi presentado na feira Abanca Semana Verde de Silleda e forman parte desta iniciativa oito municipios das comarcas


Ecos da Comarca/Xeral

O programa ‘Goza do Ulla 2025’ foi presentado este venres na Semana Verde de Silleda polos representantes dos 19 concellos participantes nesta edición: A Estrada, Antas de Ulla, Arzúa, Boqueixón, Catoira, Dodro, Monterroso, Padrón, Palas de Rei, Pontecesures, Rianxo, Santiso, Silleda, Teo, Touro, Valga, Vedra, Vila de Cruces, e Vilagarcía de Arousa. Cabe mencionar que este ano, das comarcas non participa Agolada.

Nesta edición, organizada polos concellos de Vila de Cruces e Antas de Ulla, realizaranse 17 rutas de sendeirismo por diferentes zonas dos concellos polas que discorre o río Ulla, co obxecto de visibilizar esta fermosa contorna natural e mostrar a súa riqueza patrimonial, cultural, medioambiental e paisaxística. A primeira xa se celebrou o 11 de maio en Teo e as seguintes celebraranse do 22 de xuño ao 19 de outubro.

Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

As persoas interesadas en participar deberán inscribirse nos concellos correspondentes. Máis información no mail gozadoulla@gmail.com


O programa ‘Goza do Ulla 2025’ naceu en 2011 para desfrutar do Ulla con rutas de sendeirismo programadas nos municipios bañados polo río, que recorre as provincias

de Lugo, A Coruña e Pontevedra.






Opmerkingen


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page