14 corredores do GTR Galaico Trail Run participaron no Quiroga Trail challenge
- ecosdacomarca
- 21 feb
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Deza
A pasada fin de semana 14 corredores do GTR Galaico Trail Run participaron no Quiroga Trail challenge, dous días de duras probas polos montes do Courel que este ano acadou os 1200 participantes.

Na distancia ultra de 85k e 5000+ Javier Yañez conseguiu rematala o cal xa é un premio no posto 39º en 16 horas e 16 minutos. No circuito Maratón de dúas probas que sumaban 59k Manu Gómez quedou 3º. No circuito Trail Alina Cimpean foi a mellor 1ª nas dúas probas que sumaban 58 quilómetros e 3650 de denivel positivo, co que tamén acadou o 1ª posto do pódium.
Publicidade
Trail do Castelo:
- Bruno ferradás 7º da xeral e 2º cat. Veterán A.
- Suso González 2º Veterán B e tamén José Ferrín e Manuel Quiroga.
Circuito Mini Trail que sumaban 34k
-Ricardo Couto, Matín Costa, JM. Porral, Bárbara Sánchez.
E nas probas máis pequenas de 9k correron David Ramos, Alba Blanco e Óscar Vázquez que o domingo quedou 1º Veterán A.
Comments