top of page

14 asociacións galegas únense para mostrar a súa firmeza pola defensa do sector primario

"O acordo con Mercosur levará a unha baixada dos prezos afectando especialmente ao sector da carne, en especial o do vacún e avícola, pero outros como o apícola e o da castaña tamén sufrirán danos e prexuízos considerables", lamentan


Ecos da Comarca/Xeral

A aplicación do acordo UE-MERCOSUR entraña unha gran ameaza para todo o tecido primario galego. Os distintos sectores produtivos agropecuarios do país serán damnificados en maior ou menor medida pola implantación das diferentes cláusulas de liberalización arancelaria contempladas no acordo marco entre a UE e Arxentina, Brasil, Uruguai e Paraguai, tal e como declararon este venres 14 asociacións galegas que se sumaron para deferndar o sector primario e manifestaron o seu rexeitamento ao acordo.


"Os diferentes colectivos e asociacións de produtores e produtoras abaixo asinantes consideramos totalmente inasumible e irresponsable a sinatura e implantación dun acordo que ameaza o sustento das labregas europeas e socava as nosas normas ambientais e de seguridade alimentaria. O acordo con Mercosur inundará o mercado e levará a unha baixada dos prezos no campo afectando especialmente ao sector da carne, en especial o do vacún e avícola, pero outros como o apícola e o da castaña tamén sufrirán danos e prexuízos considerables", recalca.

E engaden que " on podemos obviar que no caso da carne de bovino está prevista a importación por parte da UE de 99.000 toneladas de equivalente de canales de carne procedente de MERCOSUR, das que 55.000 Tm. correspondem a carne fresca de bovino e as outras 44.000 toneladas a carne conxelada, que xa está entrando na U.E. a través da xa existente cuota “ HILTON ”. Esta chegada de carne importada á UE producirase nun contexto galego marcado pola perda continuada de explotacións gandeiras nos últimos anos. "Galiza perdeu o 10% de granxas con vacas aleitantes, o 38,70% de cebadeiros e o 23,22% de explotacións agropecuarias de carne- Porén, Galiza segue sendo a terceira PRODUTORA do Estado Español neste sector, representando o 13,96% da produción de carne de bovino, só por detrás de Cataluña e de Castela e León. Resulta evidente que unha entrada masiva de carne procedente de América do Sur conlevará un gran impacto no país, derivado dos sobrecustos aos que serán sometidos o noso tecido produtivo para competir no mercado global ao que nos arrastra o acordo Merscosur".


Ao mesmo tempo, apuntan, "que suporá unha continuidade no peche de explotacións, e o conseguinte abandono do noso rural, especialmente nas comarcas máis dependentes da gandería extensiva: comarcas do interior e montaña das provincias de Lugo e de Ourense, xa de por si moi afectadas pola compoñente demográfica dos/as titulares ao fronte das granxas".

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Por outra parte as condicións laborais, sanitarias, medioambientais e de benestar animal nas que se desenvolve o sector de vacún de carne en países como Brasil ou Arxentina, que ocupan o segundo e o sexto posto entre os países mais produtores a nivel mundial, "supoñen un agravio e un risco grave para a nosa soberanía alimentaria". Tendo de conta todos estes factores mencionados na anterior exposición de motivos; as entidades abaixo asinantes manifestan o seu desacordo coa sinatura e aplicación do Acordo UE – MERCOSUR, onde a alimentación debe quedar fóra deste Tratado e demandan:


1.- A defensa de todos os sectores produtivos primarios galegos: leite, carne, horta, produción ecolóxica, froiteiras, castañas, mel, ovos, viño, etc...

2.- O amparo e coidado da soberanía alimentaria en Galicia con aplicación de políticas de desenvolvemento rural que axuden a manter a continuidade dos activos existentes no rural, incorporando novas persoas labregas que axuden a frear a disminución de persoas que producen alimentos no noso territorio e freen o abandono do rural.

3.- A promoción de sistemas produtivos máis sostibles e menos dependentes enerxeticamente da importación de insumos e materias primas procedentes da área de influencia Mercosur.

4.- A protección dos sistemas de produción de calidade diferenciada do país: producións ecolóxicas ou baixo parámetros de artesanía alimentaria, producións fundamentadas no uso de ganderías con razas autóctonas e pastoreo extensivo, no marco de criterios diferenciadores por I.X.P. (indicacións xeográficas protexidas) e D.O. (denominacións de orixe).


5.- A protección real dos sistemas de produción de alimentos sanos, seguros e de calidade diferenciada, con canles curtas de distribución, e incentivo de compra pública alimentaria, recuperación de mercados tradicionais e produtos de kilómetro 0.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar con nós!
Preme na imaxe para contactar con nós!

6.- A defensa do agricultura e gandería galegas como parte identitaria da nosa cultura como país por parte de todos os partidos políticos, atendendo ás nosas especificidades como pobo.

7.- A necesidade de estudiar a aplicación con carácter excepcional dunha moratoria para explotacións agrogandeiras sen terra, afectadas pola problemática das zonas vulnerables a nitratos.

8.- A adaptación das medidas reglamentarias aos condicionantes da realidade do noso país, coa aplicación dunha P.A.C. dotada con orzamentos suficientes para facer fronte aos retos futuros dunha actividade respectuosa co medio ambiente e que frene a sangría demográfica que afecta ao noso rural.

9.- A aplicación de protocolos sanitarios que favorezan a aplicación de medidas preventivas fronte á expansión no noso territorio de enfermidades emerxentes moi preocupantes para o sector primario galego como: dermatose nodular contaxiosa, EHE, língua azul, febre Q en vacún, peste porcina, febre aftosa, gripe aviar, vespa velutina, etc...


Colectivos e asociacións de produtores e produtoras abaixo asinantes:

ASOCIACIÓN GANDEIRA DA RUBIA DO PAÍS

ASOCIACIÓN DE PRODUCTORAS ALIMENTA

SINDICATO LABREGO GALEGO

ASOCIACIÓN ESTRUGA ESPAZO AGROECOLÓXICO

ASOCIACIÓN PARA A DESENTINSIFICACION NON AGRO “AEDA”

FRUGA

GANDEIRAS E GANDEIROS GALEGOS ELAS ELES

ASOCIACIÓN ECOLOXISTA ADEGA

CARQUEIXA ASOCIACIÓN DOS ANCARES

CASA DO MEL

ASOCIACIÓN APÍCOLA GALEGA

ASOCIACIÓN APÍCOLA LUCENSE

ASOCIACIÓN AGA

A ASOCIACIÓN DE CONSUMIDORES ACOUGA




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page