top of page
Foto del escritorLaura Moure

10 medallas para o Atletismo Deza no Campionato Provincial en pista

Cos bos resultados colleitados, varios deportistas do Club participarán no Campionato Galego Individual da Coruña


Laura Moure/Deza

O Club Escola Atletismo Deza segue a colleitar grandes resultados nas competicións. Nesta fin de semana participou no Campionato Provincial de Atletismo en pista, que tivo lugar en Vigo. Ata alí, desprazáranse un total de 21 rapaces e rapazas do club dezá, levando representación para as tres categorías: infantil, alevín e benxamín.

Os resultados foron moi bos, recollendo medallas en todas as categorías. Deste xeito, os

galardóns acadados polo Club foron: André Felez, bronce en salto de lonxitude; Xoan Peón, bronce en lanzamento de pelota; Olivia Ferradas, ouro en lanzamento de peso; Vega Ferradas, prata en peso; Martina Granja, prata pelota; Icía Penas, bronce en pelota; León Feijoo, ouro en salto de altura e bronce en 80 metros valados; Alejo García, prata en lanzamento de xavelina, e María Rivero, bronce en peso.


Publicidade

Os grandes resultados, xunto cos obtidos na pasada fin de semana no Barco no Campionato Galego por Equipos permítelles a varios deportistas competir no Campionato Galego Individual que se celebra o día 8 de xuño na Coruña.


Publicidade

Dende o Club felicitan a todos/as os/as deportistas polo grande esforzo que fan para poder recoller tan bos resultados en cada unha das probas nas que participan.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Комментарии


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page