Laura Moure

17 de feb de 20221 min.

Arzúa dá a coñecer a programación completa da súa 47ª Festa do Queixo que será do 4 ao 6 de marzo

No Festival do Queixo que será o domingo 6 actuarán BMA, Ailá e Guadi Galego

Laura Moure/Arzúa
 
Hoxe tivo lugar na queixería Verbas de Arzúa a presentación aos medios do programa completo da 47ª Festa do Queixo, que se celebrará do 4 ao 6 de marzo. A cita incluirá máis de 60 expositores esgotando todas as prazas dispoñibles que se situarán no Recinto Feiral 'Terra do Queixo'. A programación complétase con música, animación de rúa, exposicións... e co pregón a cargo de Susana Rodríguez, quen foi catro veces campioa do mundo e campioa paralímpica de triatlón en Tokio.

Durante o acto interviron José Luís García, alcalde do Concello de Arzúa; Aurora Varela, concelleira de Cultura, Educación e Participación Veciñal e Pilar Castro, socia da queixería Verbas.

Ademais de actividades previas a estas tres xornadas, haberá dous días de concertos de balde baixo unha carpa, con moitas novidades e previa reserva de entrada desde o vindeiro martes, 22 de febreiro, ás 10:00 horas no teléfono a 981 500 222 ou poden recollerse de forma presencial nas oficinas de Cultura Concello de Arzúa. Para retirar a entrada dos concertos podedes obter toda a información neste enlace:

https://www.ecosdacomarca.com/post/a-festa-do-queixo-de-arz%C3%BAa-contar%C3%A1-con-56-stands-para-a-venda-do-produto-estrela-e-10-para-outros

Mentres, no Festival do Queixo, que será o domingo 6 de marzo, actuarán BMA, Ailá e Guadi Galego.

Ao remate da presentación servíronse uns petiscos elaborados polo restaurante arzuán Casa Chelo e agasallouse aos medios cun queixo ecolóxico da queixería anfitrioa do acto.

O PROGRAMA COMPLETO DE ACTOS E CONCERTOS PODE CONSULTARSE NO SEGUINTE ENLACE:

https://www.festadoqueixo.org/wp-content/uploads/2022/02/2022_FOLLETO_47_FESTAQUEIXO_Completo.pdf

NOTICIAS RELACIONADAS:

    3