top of page

Ángeles Vázquez anima en Melide aos afectados polos incendios a solicitar as axudas aprobadas pola Xunta

Salienta o “esforzo” realizado para que as diferentes liñas de apoio convocadas non teñan límite económico co fin de poder chegar “a todos os afectados que cumpran”


Laura Moure/Melide

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, animou este luns a todas as persoas, profesionais e entidades que se viron afectadas polos incendios deste verán a solicitar desde onte as diferentes liñas de axudas aprobadas pola Xunta o pasado venres para impulsar a reparación dos danos e perdas sufridos. Durante unha visita á oficina de atención itinerante habilitada nas dependencias municipais do Concello de Melide, localizada ao carón da oficina agraria, a responsable autonómica explicou que este será un dos 16 puntos existentes en Galicia nos que durante un mes se asesorará de forma presencial aos prexudicados polos incendios co obxectivo de estar preto da cidadanía e evitarlle desprazamentos innecesarios.

ree

Tras explicar que serán os propios funcionarios autonómicos os que se despracen a estas oficinas para atender aos afectados, Ángeles Vázquez salientou o “esforzo” realizado pola Xunta nesta ocasión para que as diferentes liñas de apoio convocadas non teñan límite orzamentario, unha medida que busca garantir que “todas as persoas afectadas que cumpran os requisitos” e teñan dereito poidan recibir estas axudas.


No caso particular da provincia da Coruña, aínda que non foi das máis afectadas polos incendios forestais que sufriu Galicia nas últimas semanas, a conselleira explicou que se agarda que haxa solicitudes por parte de gandeiros que sufriron danos nas instalacións das que depende o seu modo de vida, montes veciñais en man común e titulares de terreos cinexeticamente ordenados (Tecores).


 APOIO AO XORNALISMO PALESTINO

ECOS DA COMARCA APOIA AO XORNALISMO PALESTINO. Preme na imaxe para máis información.
ECOS DA COMARCA APOIA AO XORNALISMO PALESTINO. Preme na imaxe para máis información.

Ademais da oficina itinerante de Melide, nesta provincia tamén hai desde este luns outro posto informativo habilitado no concello de Ponteceso. Ademais, os afectados teñen a opción de solicitar en liña calquera das axudas e tamén terán á súa disposición o teléfono de información da Xunta 012, que se verá reforzado.


Cómpre lembrar que o Goberno autonómico aprobou un completo paquete de medidas para impulsar a reconstrución das zonas afectadas en Galicia pola vaga de lumes forestais deste verán. Trátase dunha serie de achegas dirixidas a apoiar aos cidadáns e aos concellos que prevé axudas para a recuperación de vivendas, explotacións agrogandeiras, negocios ou instalacións municipais, entre outras.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

No caso concreto da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, as achegas van dirixidas, por un lado, a compensar aos titulares de Tecores para cubrir os gastos de sementeira de cereais en terreos afectados e para reparar e repoñer instalacións danadas (refuxios, comedoiros para animais, cercados...); e por outro, aos concellos ou mancomunidades de montes para restaurar infraestruturas de uso público (sinais, carteis interpretativos, miradoiros, pasarelas, varandas...) que resultaran afectadas polo lume en zonas da Rede galega de espazos protexidos e Reservas de biosfera.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page