top of page

Álex Iglesias e Iván Méndez serán os chefs dos showcookings da Mostra de Artesanía de Agolada

Serán o 11 e 12 de agosto e cada día haberá 17 prazas e o prazo para

anotarse comeza este martes


Laura Moure/Agolada

A XXIV Mostra de Artesanía de Agolada celebrarase os días 11 e 12 de agosto. Terá unha programación variada e entre a mesma figuran un showcooking cada día. Estes enmárcanse no Eurochef: European Show cooking-Sharing Gastronomyand experienciences, un proxecto de cooperación transnacional Leader coordinado pola Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural coa Asociación de Desenvolvemento Rural Terras de Pontevedra Norte e a Asociatia Grup de Actiune Locala de  Bucavina de Munte  de Romanía como socios. Os chefs encargados desta iniciativa son Álex Iglesias, do Restaurante Cabanas, e Iván Méndez.

Iván Méndez e Álex Iglesias.

Ambos showcookings comezarán ás 12:00 horas e terán lugar no comedor grande dos Pendellos e teñen tamén como obxectivo promocionar os produtos locais. As elaboracións serán as seguintes:


Día 11

  • Iván Méndez: Zorza de  Mar, verduras da horta en tempura e emulsión de aguacate.

  • Álex Iglesias: Rosbif de tenreira de Agolada con salsa de tetilla de Farelo, crema de castaña e panache de setas dos nosos montes.

  • E a sobremesa será a cargo de Iván Méndez, que elaborará Cheese cake de requeixo das Neves, froitos vermellos de O Rosal e galleta de castañas.

 

Día 12

  • Álex Iglesias: Salmón marinado e ahumado con maionesa de cítricos e velo de sidra.

  • Iván Méndez:  Gyozas de Lamprea do Miño, Mirabel e un ali oli de Albariño cítrico.

  • E ese día será Álex Iglesias quen se encargue da sobremesa. Fará unha elaboración de queixo ecolóxico Doña Cobiña frito, confitura de tomate e crujiente de mel do Candán.


Debido ao protocolo de loita contra a Covid 19, as prazas son limitadas. En total ofértanse 34, 17 cada día. O prazo para inscribirse comezará este martes, 3 de agosto, ata que se completen. Cada persoa só poderá asistir un día, agás que sobren prazas. Os interesados poden anotarse no Consistorio, a través do correo prensagolada@agolada.es aportando o nome e apelidos, día e o teléfono. (Se lle gustaría asistir os dous días debe indicar a preferencia) ou senón chamando ao teléfono 637 092 846 de luns a venres de 9:00 a 14:15 horas. As inscricións serán por orde de entrada.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page