top of page

Ábrese o prazo para participar no club delectura feminista Máis Violeta de Silleda

14 sept 2022
1 min de lectura

As persoas interesadas en participar poden inscribirse a partir do vindeiro día 15 e ata o 28 deste mes


Laura Moure/Silleda

O club de lectura Máis Violeta, coordinado polo Centro de Información á Muller (CIM) de Silleda, do departamento municipal de Igualdade, que dirixe Ángela Troitiño, retoma

a súa actividade. Todas as persoas que queiran participar nas sesións, con xuntazas cada

quince días na biblioteca municipal Daniel Castelao, poden inscribirse dende o vindeiro xoves día 15 e ata o 28 deste mes.

Para formalizar a inscrición nesta iniciativa de dinamización lectora ca igualdade como protagonista, as persoas interesadas poden chamar ao 986 592 037 ou ben enviar un mail a cim@silleda.es


Dende Máis Violeta lémbrase que o feminismo, insertado na literatura é un poderoso vehículo de reivindicación e cohesión. Con esta premisa arranca unha segunda edición deste club de lectura, no que se compartirán experiencias e contidos para tratar de mudar as cousas, constituíndo unha comunidade baseada na sororidade e no feminismo.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Os títulos que se analizarán abordarán diferentes temáticas, sempre co obxectivo de crear debate e un pensamento crítico.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page