top of page

Xuntos polo Noso Concello gaña, sen maioría absoluta, as eleccións en Vila de Cruces

Laura Moure/IsmaelRS/Vila de Cruces


ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2023. RESULTADOS

 

Despois da intensa campaña electoral, hoxe, domingo, foi a quenda dos veciños. Co seu voto decidiron en toda España quen ocupará a súa Alcaldía ao longo destes vindeiros catro anos. Os centos de veciños das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa pasaron polas urnas. Cabe mencionar que en total nos 17 municipios había 60 candidaturas.

Luis Taboada, de Xuntos polo Noso Concello, gañou estas eleccións municipais en Vila de Cruces, aínda que non obtivo maioría absoluta.

OS RESULTADOS son:

  • Xuntos polo Noso Concello (6 concelleiros)

  • PP ( 4 concelleiros)

  • BNG ( 2 concelleiros)

  • Nova Alternativa ( 1 concelleiro)

No caso de Vila de Cruces optaban a Alcaldía cinco candidaturas: Xuntos polo Noso Concello, BNG, PSOE, PP e Nova Alternativa. Poden consultarse as listas no seguinte enlace:https://www.ecosdacomarca.com/post/cinco-candidaturas-buscan-facerse-coa-alcald%C3%ADa-de-vila-de-cruces

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page