top of page

Xornada sobre emprendemento e Economía Social e Solidaria o 27 novembro en Melide

A participación é aberta e de balde, con prazas limitadas, polo que é necesario inscribirse


Laura Moure/Melide

A Rede de Economía Social e Solidaria de Galicia (REAS), en colaboración coa Asociación de Consumidoras e Usuarias Galegas (ACUGA), organiza na mañá do vindeiro 27 de novembro en Melide a xornada "A ESS emprende con C: Coñece, Conecta e Crea!".

ree

Esta actividade, que está subvencionada pola Deputación da Coruña e dinamizada pola entidade lalinense "aopaso", busca promover a intercooperación, un dos valores nos que se fundamenta a Economía Social e Solidaria (ESS), como unha ferramenta clave para o inicio e consolidación de proxectos de emprendemento; coñecer a súa aplicación práctica a través de experiencias e propiciar a xeración de novas redes de colaboración e apoio mutuo.


 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Así, todas a persoas que sexan acordes ou desexen coñecer os valores da ESS e queiran ampliar miradas, inspirarse e e atopar aliadas para impulsar ou consolidar o seu proxecto, están convidadas a esta xornada na que tecer redes a través de dinámicas participativas. Contarase con experiencias inspiradoras como O Espírito da Colmea, Asociación de Produtoras da Ulloa, Asociación Cultural A Chousa Vella, o proxecto ESF-Pro promovido desde Enxeñerías sen Fronteiras, e as cooperativas Labrecos, S. Coop. Galega e Sororas, S. Coop. Galega.


Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

A sesión pecharase cun xantar de conexión apegado ao territorio. A participación é aberta e de balde, con prazas limitadas, polo que é necesario inscribirse en bit.ly/xornadaCCC




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page