top of page

Xornada de convivencia arredor das árbores ca plantación do CEIP de Silleda na residencia

31 mar 2022
2 min de lectura

Os tres grupos de 6º de Primaria plantaron este mércores varias cerdeiras no xardín do centro, onde tamén leron poemas sobre a importancia do medio ás persoas residentes


Laura Moure/Silleda

O CEIP Plurilíngüe de Silleda celebrou este mércores a chegada da privamera e o día da árbore cunha entrañable xornada de convivencia na Residencia de Maiores de Silleda. Os tres grupos de 6º de Primaria plantaron varias cerdeiras no xardín da residencia, deixando ademais na beira das árbores poemas –a maioría creados polos propios alumnos e alumnas- en pequenas pizarras. Foi unha xornada de convivencia cos residentes do centro, na que colaboraron ademais da Residencia a Consellería do Medio Rural –aportando as árbores- e o Concello de Silleda, co equipo municipal de xardinería apoiando a plantación.

Con esta fermosa iniciativa o centro celebraba a chegada da primavera e o Día da Árbore, ademais de contribuír a frear o cambio climático. O acto rematou ca lectura conxunta do alumnado dun poema de Florencio Delgado Gurriarán, a quen se adica este ano o Día das Letras. Ao acto asistiu a concelleira de Educación e Benestar, Ángela Troitiño, que agradeceu así mesmo a colaboración dos dous centros e destacou os beneficios desta iniciativa.


O sábado, Un presente que medra

Por outra banda, tamén no entorno da residencia –xa no exterior- terá lugar o vindeiro sábado a plantación doutras árbores no marco da iniciativa Un presente que medra, da tenda de consumo sustentable Mamasunción. O Concello de Silleda colabora tamén nesta plantación colectiva que terá lugar ás 11:00 horas.


E por outro lado, o Concello de Silleda conta dende este mércores con nove novos operarios por un periodo de seis meses, ata setembro. Estas novas contratacións leváronse a cabo a través da Liña 3 do programa Plan Concellos, da Deputación de Pontevedra, organismo que vén financiando nos últimos anos esta iniciativa de contratación, no marco da loita contra o desemprego.

Así para este exercicio, contase cun total de nove persoas: unha administrativa e oito peóns para tarefas de mantemento e limpeza. Este persoal, outorgado a todos os Concellos da provincia de Pontevedra de menos de 50.000 habitantes, dedicarase no caso de Silleda ao desenvolvemento dun plan obras e servizos e tamén ao apoio –no caso do posto de administrativo- aos servizos xerais do Concello.


Estas contratacións supoñen un investimento de 92.300 euros, que se financiarán a través da citada liña do Plan Concellos. “Un ano máis volvemos a contar con personal a través do Plan Concellos, unha medida que ademais de contribuír á creación de emprego no noso

municipio tamén vén a mellorar a prestación de servizos aos nosos veciños”, engade o alcalde, Manuel Cuiña, que este mercores recibiu ás nove persoas no salón de Plenos, xunto ca concelleira de Persoal, Pili Peón, e a tenente de Alcalde, Mónica González.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page