top of page

Xincana pola Igualdade no IES Pintor Colmeiro de Silleda

A actividade enmárcase no programa do Concello de Silleda para celebrar o 8M


Laura Moure/Silleda

O programa conmemorativo do Concello de Silleda polo Día Internacional da Muller continuou este mércores no municipio cunha xincana no IES Pintor Colmeiro. Baixo o lema “Festexando a Igualdade”, as alumnas e alumnos de 3º da ESO participaron durante a xornada en distintas actividades. Cunha dinámica de xogo, a rapazada tomou conciencia dos avances e logros do feminismo nos últimos anos.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

A alcaldesa, Paula Fernández, acompañada pola concelleira de Igualdade e Educación, Ángela Troitiño e a concelleira de Cultura e Mocidade, Mónica González, visitou as aulas e agradeceu a colaboración do IES nesta e noutras actividades.


O programa municipal 8M/365continuará mañá baixo o lema “Silleda feminista” ca caracterización da estatua da Muller Labrega e ca presentación o venres (20:00 horas) do V Plan de Igualdade do Concello de Silleda.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O domingo ás 12:30 horas na praza do Siñor Afranio terá lugar o concerto baixo o lema “As mulleres damos a nota” protagonizado pola pianista Andrea García González. Trátase dunha iniciativa na que se mestura música en directo coa intervención de mulleres que subirán ao escenario a pronunciar unha frase feminista.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page