top of page

Xa son máis de 200 persoas as que asistirán ao xantar do Domingo de Baldreus de Silleda

15 feb 2023
2 min de lectura

Hoxe, mércores, remata o prazo para retirar os tickets e durante a xornada haberá premios para os mellores disfraces gracias á Asociación de Comerciantes de Silleda


Laura Moure/Silleda

Cando os integrantes de “SIS, Iniciativas Culturais” decidiron tirar adiante co Domingo de Baldreus e debido a que e é a primeira vez que se fai algo así en Silleda, nun día de reunións familiares tan sinalado coma o Domingo de Entroido, non tiñan claro se serían quen de convocar aos veciños de Silleda a un xantar popular nesa data. Pois ben, sinala que a poucas horas de que remate o prazo de inscrición para o Diantre de Grella!, xa que hoxe, mércores é o derradeiro día, son xa máis de 200 as persoas que retiraron os seus tickets para o xantar, á espera dos grupos que aínda faltan por se apuntaren ao longo desta última xornada.

Os organizadores amósanse ademais particularmente satisfeitos cos ánimos e as felicitacións recibidas durante estes días. "A verdade é que é moita a xente que se dirixe a nós dándonos as grazas e ofrecéndose non só a participar senón tamén a axudar. Está claro que a xente de Silleda é entroideira e que tiñas moitas, moitas ganas de recuperar o Domingo de Entroido".

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Por outra banda desde a organización anuncian tamén que, a pesar que non estaba nas previsións iniciais, finalmente contarán con premios aos mellores disfraces donados pola Asociación de Comerciantes de Silleda, ECOS, tanto na categoría de grupos coma individuais, e non descartan que nos próximos días se poidan incorporar ao evento máis sorpresas deste tipo. Ademais foron xa varios os comerciantes e produtores de Silleda e arredores que quixeron axudar doando os seus produtos para a Poxa da salazón, que terá lugar ás 16:30 horas, logo da sobremesa. "E aínda a día de hoxe seguen aparecendo novos doadores de alimentos da nosa terra para esa poxa que se espera sexa multitudinaria", agradece a organización.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page