Xa se poden obter as entradas solidarias de xeito online para a I Feira del Huevo Campero de Melide
- Laura Moure
- 10 sept 2024
- 2 Min. de lectura
Organizada por Ecocentro, SC, empresa que comercializa El huevo de la abuela, será o 14 e 15 de setembro e elaborarán a tortilla máis grande do mundo
Laura Moure/Melide
Ecocentro, SC, empresa que comercializa El huevo de la abuela, prepárase para unha fin de semana completa. Falamos da do 14 e 15 de setembro. O primeiro día terá lugar a inauguración oficial das súas novas instalacións de clasificado e envasado totalmente robotizadas e interconectadas coa última tecnoloxía 4.0. Será en Melide o día 14 ás 12 horas. Mentres ao día seguinte celebrarase a 1ª Feria del Huevo Campero onde se enfrontarán a un gran reto: elaborar a tortilla máis grande do mundo!
Publicidade
Os interesados en asistir á inauguración das instalacións, serán recollidos no aparcamento do mercado gandeiro de Melide ás 11:30 horas con destino ás instalacións, situadas no Monte do Pedroso - Meire - Melide. O sábado a xornada completarase no Cantón de San Roque con stans de alimentación e de artesanía, foodtrucks, demostracións e cun concurso de tortillas. Repartiranse máis de 1.000 euros en premios. Máis información en: concursodetortillas@elhuevodelabuela.com
O domingo, día 15, tamén se poderá desfrutar de stans de alimentación e de artesanía, foodtrucks, demostracións, charlas... e levarase a cabo o gran reto da tortilla xigante. O acto estará presentado polo mago melidense Dani Polo.
Publicidade
Cabe mencionar que a sartén xigante, de case 6 metros de ferro, que dará unhas 8.000 racións xa está lista e foi feita en Talleres Belarmino de Toques. A tortilla levará 15.000 ovos, 1.700 quilos de patacas, 300 litros de aceite e 30 quilos de sal o que suporá case 3.000 quilos de tortilla.

As entradas para degustar o prato estrela son solidarias (3 euros íntegros costa a ración) que irán destinados a entidades e comedores sociais, e que se poden obter xa online, para evitar colas, na plataforma Woutick
Comments