top of page

Xa está aberto o prazo para anotarse no obradoiro do 11 de xullo do ciclo 'As mañás en Nugallás'

Esta inciativa lévase a cabo todos os sábados de xullo e agosto no Parque Central de Galicia, en Nugallás (Antas de Ulla)

Laura Moure/Antas de Ulla

Este vindeiro sábado, 11 de xullo, terá lugar a segunda xornadad do Ciclo Cultural As mañás en Nugallás, unha idea orixinal de Tarabela Creativa e que está promovida pola Deputación de Lugo. Esta iniciativa ten lugar todos os sábados de xullo e agosto no Parque Central de Galicia, en Nugallás (Antas de Ulla).

O sábado pasado arrancou este proxecto co obradoiro Mundo paxaro de Xesta Brava. Unha iniciativa sobre ornitoloxía que deixou namorados aos máis pequenos da casa.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

E despois houbo super Consertasso na Horta con gran Brais das Hortas. Aquí a música e a risa estiveron aseguradas. Sen dúbida foi unha xornada ideal para pasar en familia.


Pero o ciclo continúa este sábado, 11 de xullo. Ás 10 horas terá lugar o obradoiro Bombas de Vida impartido tamén por Xesta Brava. Tal e como informan dende a organización "imos aprender sobre compost, sementes, fungos e de que está composto o solo que pisamos, entre outros misterios!  Deixámosvos acó o formulario para cubrir https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSe6qomkxd-GNTyhKBgIvaRNniInkeZjbLzdq_JqxTwGrnDOIQ/viewform?usp=send_form, pero se o preferides podedes contactar no noso correo electrónico ou whatsapp (680470278) e tamén volo facilitaremos!".


 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

E as 12:30 horas terá lugar a actuación de Iseo A Moura con "Se as árbores falasen".


Ademais cada sábado estará presente a A Barraca que ofrece servizo de restauración.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page