top of page

Xa está aberto o prazo de inscrición no obradoiro do 18 de xullo do ciclo 'As mañás en Nugallás'

Esta iniciativa lévase a cabo todos os sábados de xullo e agosto no Parque Central de Galicia, en Nugallás (Antas de Ulla)


Laura Moure/Antas de Ulla

Este vindeiro sábado, 18 de xullo, celebrarase a terceira xornada do Ciclo Cultural As mañás en Nugallás, unha idea orixinal de Tarabela Creativa e que está promovida pola Deputación de Lugo. Esta iniciativa ten lugar todos os sábados de xullo e agosto no Parque Central de Galicia, en Nugallás (Antas de Ulla).

Esta inicitiva trae a Nugallás cada sábado, dende as 10 horas, ata ao mediodía, un obradoiro e un espectáculo.


O sábado pasado, o día 11, tivo lugar obradoiro Bombas de Vida, impartido por Xesta Brava. Durante o mesmo, os participantes puideron observar de preto sementes de distintos tamaño, investigaron sobre de que está composta a terra do centro xeográfico de Galicia e os seus distintos estratos... e crearon bombas de sementes!

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

E despois chegou o espectáculo de Iseo A Moura que contou unha historia chea de beleza e cancións sobre as árbores que falan e que cantan! "Árbores autóctonas que deteñen incendios! Mesmo nos aprendeu a entender a súa lingua! Voltamos á casa entendendo carballo, eucalipto e salgueiro! E descubrindo que todo o importante nesta vida non se di, cántase!", sinala a organización.

Este sábado, 18 de xullo, será a quenda do obradoiro Xogando Miudiño, que chega da man de Miudiño - Xogo e cultura para naturalizar a infancia. Para participar é necesario inscribirse previamente, tendo de prazo ata o venres antes de cada obradoiro. Podes anotarte a través do seguinte formulario: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdK5_Mg8sehFNfw8QYBtpdtqk3rqT0Lx285zXVUbKw0RZ_F5g/viewform?usp=send_form


Tamén  se o preferides podedes contactar a través do Whatsapp (680 470 278).

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

E despois, ás 12:30 horas, no templete do Parque Central terá lugar a actuación de Henriko Circo  con #TodoTrucazos.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page