top of page

Winter: a gata influencer con orixe lalinense que triunfa en Instagram

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Esta felina conta con 3.000 amigos de distintas partes do mundo nesta rede social


Laura Moure/Lalín

A Asociación Bigotes Colonias de Gatos de Lalín que fai unha marabillosa labor na defensa e coidado dos felinos nesta localidade cóntanos a historia dunha gata moi especial: Winter. Sabedes que ela é toda unha influencer?


O pasado día 20 de marzo Winter e os seus catro irmáns terían que ter nacido nunha colonia de Lalín. "A sorte quixo que Txeli, gata lalinense residente na colonia Comanches, a súa nai, fose capturada para CES uns días antes. Como estaba a término, o embarazo seguiu adiante e así foi como Winter e os seus irmáns naceron fóra da colonia, en acollida ao abrigo da asociación Bigotes de Lalín", conta o colectivo.


A conexión entre Winter e Carlota Montoto, unha voluntaria de Bigotes de 20 anos, auxiliar

veterinaria que actualmente cursa un ciclo de peluquería canina e con experiencia como

voluntaria en varias asociación protectoras foi instantánea, tal e como apunta Bigotes. "Winter foi adoptada por Carlota. Co que ninguna das dúas contaba era co éxito de Winter en redes sociais, en concreto en Instagram, onde co nome de usuario @winterpanoli, en pouco tempo esta gatiña tan carismática se fixo con nada máis nin nada menos que máis de 3.000 amigos!".

Winter.

Ademais son amigos que residen en distintas partes do mundo e que se definen como “panolis", termo que significa seguidor de Winter panoli. Debido a súa gran repercusión, as marcas de produtos para mascotas comezan a interesarse polo carisma da pequena Winter, que xa soña con ser imaxe dunha marca galega.


Reivindicacións

"O propósito de Carlota, esta moza lalinense de 20 anos cun corazón enorme que latexa polos animais, ademais de partillar o seu amor por eles, é difundir e concienciar a favor da tenza responsable de mascotas, axudar e comprender as protectoras de animais e apoiar a adopción. Winter é a súa gran aliada na defensa dos felinos abandonados, os grandes esquecidos, animais fermosos e moitas veces descoñecidos e ignorados, pequenos anxos invisibles para moitos, que poden ser unha gran compañía e un gran valor para unha sociedade coma a nosa", subliña a asociación lalinense.


Winter e Carlota continúan adiante co seu soño: conseguir un fogar sano e feliz para todos os bigotiños de Lalín. "Nós non podemos senón agradecerlles e sumarnos ao seu soño", recalca Bigotes, un colectivo que fai unha labor importantísima.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page