top of page

Volven a Silleda os obradoiros do Plan Integral de Atención a Persoas con Alzhéimer

Comezaron onte na Casa da Xuventude, con 29 persoas usuarias, e realizaranse todos os martes e xoves en horario de mañá


Laura Moure/Silleda

O Programa de Intervención Integral de atención a Persoas con Alzhéimer e outras demencias e familias coidadoras, que se vén realizando en Silleda dende o 2014, retomouse onte ca reanudación dos obradoiros de terapia ocupacional e de estimulación cognitiva despois do parón das vacacións de Nadal. A concelleira de Benestar, Ángela Troitiño, asistiu onte ao inicio destes obradoiros, que forman parte dunha actuación integral que se leva a cabo a través dun convenio de colaboración coa entidade Afapo.

Estas sesións celébraranse todos os martes e xoves de 10:15 a 13:30 –en dúas quendas- nas instalacións da Casa da Xuventude. Estes obradoiros están impartidos por persoal de Afapo e buscan previr a aparición de demencias.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

“Falamos dun servizo fundamental, que vai moito máis alá da atención ás persoas con demencia, porque tamén acompaña, orienta e apoia ás familias coidadoras no seu día a día”, sinalou a concelleiro, que destacou tamén a traxectoria e continuidade do programa no municipio.


“Desde o Concello apostamos por manter e reforzar este plan ano tras ano, porque a experiencia demostra que a estimulación cognitiva temperá axuda a retrasar o avance das demencias e favorece o benestar das persoas usuarias”.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Os obradoiros están impartidos por persoal especializado da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Pontevedra (Afapo), entidade coa que o Concello de Silleda mantén un convenio de colaboración, ao que se destinan 20.000 euros anuais, co obxectivo de ofrecer atención profesional tanto ás persoas afectadas pola enfermidade como ás súas familias.


Así mesmo, nos días previos ao inicio das sesións, o persoal cualificado de Afapo comezou xa coas valoracións individualizadas das persoas participantes, un paso clave para adaptar as actividades ás necesidades específicas de cada usuario e usuaria.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Desde o Concello de Silleda destácase o valor deste programa como unha ferramenta esencial de apoio social e sanitario, reafirmando o compromiso municipal cunha atención integral e continuada ás persoas con Alzhéimer e outras demencias.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page