top of page

Volve o certame de microrrelatos a Silleda, ca paz como protagonista

Haberá dúas categorías e o premio será unha tablet e vales de compra para os

gañadores


Laura Moure/Silleda

A Concellería de Normalización Lingüística de Silleda, que dirixe Ángela Troitiño, vén de convocar unha nova edición do Concurso de Microrrelatos. O certame, que se vén celebrando xa dende hai 10 anos, está dirixido a todas as persoas maiores de seis anos que estén empadroadas en Silleda. Ao igual que en anos anteriores establécense dúas categorías: de 6 a 12 anos e de 13 anos en adiante. O lema deste ano é A Paz e o xurado

valorará a orixinalidade e creatividade dos textos, que deberán de estar escritos íntegramente en galego.

Poderán presentarse en dous formatos: escrito a ordenador (cun máximo de 500 caracteres) ou a man (cun máximo de 100 palabras). Presentaránse en DIN A 4, firmados con pseudónimo e metidos en sobre pechado no que se incluirá aparte datos do autor/a (nome, DNI, teléfono, enderezo…). Os traballos, acompañados dun anexo que deberán de cubrir as persoas participantes, deben enviarse ao mail info@silleda.gal e de xeito excepcional poderán entregarse tamén no Rexistro muncipal.


O prazo ábrese o vindeiro luns día 18 de abril e rematará o vindeiro 13 de maio. Os gañadores ou gañadoras de cada categoría recibirán como premio unha tablet valorada en 100 euros e vales de compra de 20 euros para canxear en comercios do municipio de Silleda. Ademais, se pertencen a algún centro educativo do Concello de Silleda entregarase outro vale de 50 euros para mercar libros en galego para o citado centro, en

establecementos do municipio.

O xurado encargado de elixir os traballos gañadores estará formado por profesionais dos medios de comunicación e a concelleira de Normalización Lingüística. O fallo darase a coñecer ao longo do mes de maio. “O fomento da creatividade e do uso da lingua galega entre os máis novos seguen a ser os obxectivos desta proposta que retomamos agora e que vén contando nos últimos anos cunha alta participación”, comenta a concelleira. As bases do certame así coma o anexo publicanrase tamén na web municipal silleda.gal

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page