top of page

Volve a movida melidense tras case un ano!

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Os pubs volven a abrir as súas portas ata as tres da madrugada


Laura Moure/Melide

Despois de case un ano a Rúa Emilia Pardo Bazán de Melide volverase encher de música e reencontros. Os pubs prepáranse para a súa reapertura, algo que desexan como auga de maio. Sen dúbida, o ocio nocturno foi un dos sectores máis afectados polo pandemia, a cal nos azotou sen apenas facer ruído, que chegou de repente, pero que nos afectou a todos.


Agora toca volver a encender luces e poñer en marcha as cabinas de sons, pero sempre poñendo a responsabilidade e a prudencia por diante. Algúns dos locais de Melide xa abrirán mañá, venres, e a festa continuará o sábado, na maioría.

Unha das rúas dos pubs de Melide. Autor: Ecos da Comarca.

Os establecementos de ocio nocturno reabriron as súas portas en Galicia dende este xoves, inicialmente ata as 3 de mañá e co 50% de ocupación, se ben a mediados de mes analizaranse os resultados para estudar a posibilidade de ampliar tanto o horario de apertura como o nivel de ocupación.


"Durante 11 meses largos , insufribles e angustiosos, soñabamos con volver a subir a persiana, con volver a darlle ao play e con volver a vervos desfrutar con nós. Todos nos fixo máis fortes, con moitas máis ganas e só nos queda vervos de novo", indica o pub Buda de Melide a través das súas redes sociais. Este xa abrirá este venres e farano todos os días da semana durante xullo e agosto de 22:00 a 3:00 horas.
"Despois de meses volvemos con máis ganas que nunca. Esperámoste este sábado con moitísimas ganas de volver a compartir contigo esas noites de festa inolvidables", sinala Mhyto Melide.
"Despois de todo un ano sen vernos, vimos coas pilas cargadas, con novas ilusións e con moitas ganas de pasalo en grande, eso si, con sentidiño e con todas as medidas hixiénico-sanitarias necesarias para asegurarte unha noite inolvidable", recalca Imagine Melide.


Noticias relacionadas:


0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page