Volta o certame Silledagasalla cos lemas de Nadal en galego que se poñen a disposición do comercio
A iniciativa está organizada dende a Concellería de Normalización Lingüística e é gratuíta para os establecementos
Laura Moure/Silleda
O Concello de Silleda vén de poñer en marcha unha nova edición do programa Silledagasalla, un certame que ven colleitando moito éxito dentro da campaña de Nadal. Trátase dunha iniciativa posta en marcha dende a Concellería de Normalización Lingüística, que dirixe Ángela Troitiño, en colaboración cos centros educativos e o sector do comercio de Silleda.

Con este certame, para o fomento da lingua galega, plásmase en forma de orixinais adhesivos os lemas en galego ideados por alumnos e alumnas silledenses, e que se reparten de balde entre os comercios para acompañar os agasallos de Nadal .
Todos os establecementos que desexen contar con estes adhesivos, de xeito totalmente gratuito, poden recollelas nas dependencias de Benestar, sitas na rúa Chousa Nova, ou chamar ao 986 592 037.
Esta iniciativa vén a complementar outras que se levan a cabo dende o Concello de Silleda apoiando ao comercio e á hostalería do municipio na campaña de Nadal.








Comentarios