A iniciativa está organizada dende a Concellería de Normalización Lingüística en colaboración cos centros educativos
Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda organiza unha nova edición de Silledagasalla, un certame que ven colleitando moito éxito dentro da campaña de Nadal. Trátase dunha iniciativa posta en marcha dende a Concellería de Normalización Lingüística na que colaboran os centros educativos e o sector do comercio de Silleda.
Publicidade
Con este certame, para o fomento da lingua galega, elixiranse os lemas máis orixinais que logo se repartirán entre os comercios para acompañar os agasallos de Nadal dos clientes.
Publicidade
Trátase de que o alumnado aporte lemas en galego relacionados coas datas de Nadal. Estes lemas foron editados polo Concello de Silleda, convertíndoos en pegatinas de felicitación que serán repartidas a aqueles comercios do municipio de Silleda que o solicitaron chamando ao 986 58 00 00.

Estas pegatinas para a decoración dos agasallos de Nadal pódense recoller no Concello ou ben se entregarán as tendas que así o solicitaron dende a vindeira semana.
Comments